Faite Socio


¿Cómo asociarse á ANPA?

Para asociarse á ANPA só hai que entregar na Secretaría do Colexio Luis Vives a folla de inscripción cuberta que figura máis abaixo. O pago da cota sera cargado na conta que figure no impreso. A cota anual de socio para este curso é de 13 euros por Familia.

¿Qué ventaxas ten ser socio da ANPA?

Ademáis de canalizar debidamente as túas ideas e suxerencias no día a día, ser socio da ANPA permíteche asistir as asambleas de socios ordinarias e extraordinarias donde poderás decidir, co resto dos asociados, cal son as accións que a ANPA debe levar cada ano a cabo para mellorar o seu importante papel na vida escolar dos rapaces. Por outra banda, ser socio dache dereito a inscribir ós teus fillos en calquera das actividades extraescolares que a ANPA organice, tendo preferencia frente ós non-asociados. En definitiva, ser socio da ANPA dache un protagonismo considerable – que mereces e necesitas – na vida que desenvolven os teus fillos no Colexio Luis Vives.

Campaña “ Eu tamén son da ANPA”

Se eres socio da ANPA contarás con unha tarxeta de asociado que che proporcionará importantes descontos (entre o 5 e o 25%) en establecementos como :McDonald´s, donDino, O Gato con Botas, Carussa, Librería Olga, Orenóptica, La ciudad de los Peques, Mapfre Seguros, Sprinter, Pitufos, Zocos, Fotosistema, Clínica dental Margal, Axencia de Viaxes Carrefour, etc.

ANÍMATE, ASOCIATE e empeza a disfrutar das súas ventaxas.


PARTICIPA

ASÓCIATE

Advertisements