Breve historia


O Colexio Luis Vives foi fundado en 1945 por Dna. M. Dolores Alonso, sendo ela a súa primeira directora. Ten a súa sede na rúa Padre Feijoo e nela impártese o Bacharelato Elemental.

En 1956 Dna. M. Dolores Alonso pasa a ser profesora do Instituto e sustitúea no cargo o novo propietario D. Luis Hermida Cachalvite Garza, permanecendo na dirección durante 20 anos. Ante o éxito do colexio ábrese na Rúa Vázquez Mella outra sección de Ensino Primario a cargo de D. Manuel Loureiro Iglesias.

Coa implantación da E.X.B. o Centro accede a ser subvencionado e dividido en dous edificios: un na rúa Vázquez de Mella dende preescolar ata 5° de E.X.B. e o outro na rúa Padre Feijóo onde se imparte a segunda etapa 6°, 7° e 8°. Esta reforma educativa require que os centros teñan unhas instalacións mínimas que os mencionados non cumpren. Os centros como este que non cumpren danlle un prazo para facer as reformas necesarias e conseguir a clasificación definitiva.

No ano 1977 D. Luis Hermida aproba a oposición a catedrático de Instituto e faise cargo do Centro D. Manuel Loureiro que aluga e acondiciona uns baixos na Avd. de Portugal. 179 nos que se van impartir os oito cursos da E.X.B. e un curso de Preescolar.

En 1979, D. Manuel Loureiro Iglesias constitúe unha sociedade denominada COLEXIO LUIS VIVES DE ENSINO XERAL BÁSICO E PREESCOLAR, S.L., e da que forma parte ademáis Dna Carmen Iglesias Sueiro, directora do Centro, Dna M. Isabel del Río González e D. José Luis Blanco Garza.

Posteriormente, en 1984 coa aprobación da LODE, e baixo a dirección de D. José Luis Blanco Garza os antigos propietarios ofrécenlle aos profesores formar unha Cooperativa de Traballo Asociado, que se constitúe no ano 1985. É entón cando o sistema de subvencións pasa o modelo actual do Concerto Educativo.

Na década dos 90 e co desenvolvemento da LOGSE preséntase a disxuntiva de construíí un colexio novo que se axuste á Lei de Requisitos Mínimos ou pechar as portas e acollerse á recolocación ao amparo dos acordos de centros en crise. A aposta da maioría dos socios foi a de seguir adiante para continuar levando a cabo o proxecto educativo. Búscanse entonces os terreos para a construción dun edificio novo con instalacións adaptadas á Normativa. O lugar elixido foi nos límites de Ourense co Concello de Barbadás: Aira do Fonsillón n°: 4. O novo centro é inaugurado o 9 de Abril de 1996 cunha soa liña dende Infantil a Secundaria.

Grazas ó traballo dos cooperativistas e a confianza que as familias da nosa comunidade educativa depositaron nos profesionais do centro, foise ampliando gradualmente a dúas liñas desde os 3 anos ata 4° da ESO, aumentando tamén o número de socios ata os 40 que hoxe son.

Advertisements