Sobre a ANPA

 


Que é a ANPA

 

A Asociación de Nais e PAis do Colexio Luis Vives de Ourense é unha asociación legalmente inscrita que busca a participación dos seus asociados na vida do centro co fin de apostar por unha escola de calidade, democrática, avanzada, e que promova o desenvolvemento integral das persoas.

A ANPA non é unha empresa que organiza actividades extraescolares; a ANPA está constituida por un grupo de pais e nais que, de modo voluntario e desinteresado aspira a participar activamente na mellora do proceso educativo e no desenvolvemento integral dos nosos fillos. Aquí é donde encaixan as iniciativas que se aportan ó centro, a canalización das inquietudes dos pais e nais cara o equipo directivo do colexio, e as actividades que a ANPA promove para a formación complementaria dos rapaces.

 


Funcións da ANPA

 

Según a lei a ANPA ten estas funcións:

a.Asistir ós pais e nais ou titores en todo aquelo que concerne á educacion dos fillos ou pupilos
b.Colaborar nas actividades educativas dos centros.
c.Promover a participación dos pais e nais dos alumnos na xestión do centro.
d.Asistir ós pais e nais de alumnos no exercicio do seu dereito a intervir no control e xestión dos centros sostidos con fondos públicos.
e.Facilitar a representación e a participación dos pais e nais de alumnos nos consellos escolares dos centros públicos e concertados e en outros órganos colexiados.

 


Estructura da ANPA

 

A ANPA do Luis Vives foi fundada no ano 1999, e está formada básicamente pola Xunta Directiva e polos socios.

Xunta Directiva

Presidente: Ana Mª Castro Marcote

Vicepresidente: Rita Verónica Rodríguez Torres

Tesorera: Teba Castro Feijoo

Secretaria:Catalina González del Río

Vogais:

Isabel Conde Couto

Cristina Domínguez Fernández

 

 

Advertisements