Arquivo para 1

COMENZA O CURSO 2.013/14

O curso 2013-2014 empezou e desde a ANPA saudamos a todas as nais e pais, e damos a benvida ás familias novas que se incorporan ao noso colexio. Recordarvos que podedes facervos socios da ANPA ao longo de todo o curso e así poder disfrutar dos descontos nas actividades extraescolares e dos beneficios da tarxeta de desconto nos establecementos asociados a campaña: “YO TAMBIÉN SOY DEL ANPA”. Aproveitamos para pedirvos que fagades suxerencias. Calquera aportación é benvida. Saudos a todos.

Advertisements

Benvidos á páxina web da ANPA do Colexio Luis Vives de Ourense.

Nace esta páxina web ca intención de facilitar e mellorar a comunicación da ANPA con todos os pais e nais do Luis Vives. Tentaremos informarvos aquí de todas aquelas novidades que vos poidan ser de interés, e procuraremos aportar un contido útil e permanente que sirva de axuda ó longo da vida academica dos rapaces no noso centro.

Tamén pretendemos que esta páxina poida ser empregada para a exposición das inquedanzas dos nais e pais, que todos poidan opinar libremente, e que se poida debatir púbricamente sobre todos os aspectos posibles do proceso educativo no centro. Aquí é donde a túa participacion resulta decisiva.

A Xunta Directiva do Centro, ca súa presidenta (Ana Marcote) á cabeza, quérevos dar a benvida e animarvos a participar e a visitarnos sempre que poidades, xa que do que estamos a falar aquí é, en definitiva, o que máis importa: os nosos fillos.

Grazas por vir.

Grazas por volver.