Obradoiro de achegamento o cinema para nenas e nenos, venres 27 de outubro de 17h a 20:30h

 

O obradoiro organizase en dous grupos de idade, de 5 a 9 anos e de 10 a 13 anos, con actividades e espazos diferentes para cada un deles. O noso obxectivo é achegar o cine ás rapazas e rapaces dun xeito lúdico, práctico e adaptado a súas idades, co que poidan pasar de ser espectadores a sentirse creadores de audiovisual. Desta maneira entrarán en contacto con algúns elementos técnicos e narrativos, ademáis de desenvolver habilidades sociais como aprender a traballar en equipo, ser empáticos ou respetar a diversidade. As rúas da cidade de Ourense e o Centro Marcos Valcarcel serán o plató dos nosos obradoiros.

 

  • Os nenos e nenas de 5 a 9 anos realizarán o Obradoiro “Cóntanos un conto”. Neste proxecto traballaremos o mundo do audiovisual a través dos contos. Nestas idades os nenos e nenas están cheos de imaxinación e expresividade, que en gran parte desenvolveron coa lectura ou a escoita de contos. A través de diferentes dinámicas e xogos de oralidade e de creatividade, achegarémonos aos procesos creativos do cinema para posteriormente desenvolver e filmar as súas propias historias.
  • O grupo de 10 a 13 anos realizará un proxecto documental chamado “Historias da nosa cidade”. Traballaremos coa cidade e na cidade como creadora de historias diarias que inflúen na vida dos nenos e nenas, historias e vivencias que soen estar ao marxe dos cambios das cidades, pero que deberían ser escoitadas. Pretendemos ademais coñecer as historias de diferentes xeracións que foron nenos e nenas na nosa cidade e ver a evolución social que experimentou. As rapazas e rapaces serán os protagonistas de todo o que aconteza na duración do obradoiro, poderán elixir que papel queren ser dentro do elenco de profesionais que se necesita nunha creación cinematográfica e aprenderán da man do equipo en cada caso, todo o necesario para poder entender o cine dende ese punto de vista. 


Para participar nestes obradoiros é necesario realizar unha inscrición previa, escribindo a ani.cacabelos@ourense.es ou no teléfono da concelleríaA data límite para recibir inscricións e o mércores 25 de outubro. Unha vez realizada a inscripción contactarase coas familias interesadas para ampliar información das necesidade previas de cada participante e organizativas da actividade.

A cargo de impartir o obradoiro estará un equipo de especialistas en audiovisual, interpretación e educación, formado por Sara Fernández, Iris Justo, Adelaida Abad, Luqui Matthews e Mauro Santos de NENOOS.

Un saúdo cordial

Advertisements

No comments yet»

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s