A TVG instalará un plató virtual na sala Ángel Valente os días 14 e 15 no marco do Festival de Cine

A TVG instalará un plató virtual na sala Ángel Valente os días 14 e 15 no marco do Festival de Cine

Estará aberto ao público de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Todos os que queiran poderán facer a locución dun informativo personalizado coa técnica do croma, que permite substituír o fondo do plató por outra imaxe.

A Televisión de Galicia daralle o seu respaldo á vixésima edición do Festival de Cine Internacional de Ourense cunha cobertura destacada do evento. A canle autonómica habilitará un plató virtual no centro cultural Ángel Valente (antiga sede do Banco de España), emprazado na rúa do Paseo, que estará a disposición de todos os nenos e maiores que o desexen para que poidan ser protagonistas da súa propia experiencia televisiva.

A iniciativa permite que unha persoa se coloque no plató e lea ou interprete algo que será recollido polas cámaras e poderá ser visto ao tempo que é gravado. Está previsto utilizar a técnica croma, moi utilizada de xeito habitual en fotografía, cine e televisión, consistente en extraer unha cor da imaxe e substituír a área que ocupaba esa cor por outra imaxe, a través dun equipo especializado. Esta singularidade técnica permite que cada protagonista interveña nun escenario ficticio, creado polo mencionado sistema, creando o seu espazo personalizado.

No caso do plató virtual que a TVG montará os próximos 14 e 15 de novembro no marco do Festival de Cine de Ourense, quen se apunten a esta iniciativa farán a locución dun informativo personalizado. O acceso ao centro Ángel Valente para participar ou para ver como funciona será libre e gratuíto entre as 11:00 e as 14:00 horas e dende as 16:00 ás 20:00 horas en ambas xornadas.

Advertisements

No comments yet»

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s