Colaboración coa Grand Valley State University

Estimadas familias:
Neste curso escolar o Colexio Luis Vives ten pensado levar a cabo unha colaboración coa  Grand Valley State University (Grand Rapids, Michigan) para a execución do programa Teacher Assistant en España.
No tocante ás familias de acollida, se queren poden utilizar o formulario para que o cubran as persoas interesadas en entrar no sorteo para acoller a algunha das estudiantes de intercambio.

TEACHER ASSISTANT: 2014 GVSU and COST Programs

A empresa Altega – Educación e Lecer foi escollida pola universidade estadounidense Grand Valley State University (Grand Rapids, Michigan) para a execución do programa Teacher Assistant en España. O programa consiste na realización de prácticas de docencia (en C.E.I.P.’s e I.E.S. da cidade de Ourense) do alumnado de fala inglesa do College of Education da universidade estadounidense. As estudantes estadounidenses asistirán ás aulas dos centros educativos en calidade de alumnado en prácticas.

Datos técnicos das prácticas

Duración: 6 semanas, 4 horas lectivas diarias

Datas: desde o 5 de novembro de 2014 ata o 12 de decembro do 2014

Entidade: Grand Valley State University (Grand Rapids, Michigan)

Nome do programa: Teacher Assistant in Spain

Tarefas do assistant: observar e participar de forma limitada (similar ás prácticas do grao en Educación Infantil e/ou Primaria).

Participantes en cada centro de ensino: de 1-2 asistentes de docencia

Custe: gratuíto

Nivel educativo: primaria ou secundaria (matemáticas, ciencias, inglés)

Datos das familias de acollida

O alumnado en prácticas será acollido por familias que, de xeito voluntario, queiran vivir na casa o intercambio cultural e idiomático de primeira man.

As familias teñen que comprometerse a dar aloxamento e manutención á estudante acollida no fogar.

Ten que ser un domicilio do ámbito urbano, con conexión a Internet.

As familias acolledoras serán escollidas por sorteo entre as presentadas e serán compensadas economicamente con 100 € cada semana de estadía; é dicir, 600 €.

Altega, S.L. – Rúa Murillo, nº 20, baixo, C.P.: 320002 – Ourense – info@altega.com – 988 391 389

 

 

Advertisements

No comments yet»

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s