AUDITORIO MUNICIPAL

Temos o pracer de ofrecerlle a programación infantil do Auditorio Municipal neste 4º trimestre do ano. Para solicitar as entradas teñen que facelo o correo electrónico da ANPA (anpa@anpaluisvives.com)

Un saúdo

SETEMBRO

21

SETEMBRO “Semillas de cardamomo” El callejón del gato

Hora 12h

Lugar Sala Principal

Público a partir de 4 anos

Duración 50m

Sinopse

A nena Estrela sae a facer un recado no día do seu aniversario e pola rúa vivirá una emocionante aventura que lle permitirá viaxar a remotos lugares da man dunhas misteriosas personaxes.

A través da curiosidade de Estrela, abórdanse temas relacionados co coñecemento do medio.

28

SETEMBRO “Gúlliver” Centre de Títelles de Lleida

Hora 12h

Lugar Sala Principal

Público a partir de 6 anos

Duración 50m

Sinopse

Gúlliver soña sempre en facerse ao mar e converterse en capitán de goleta. Ao medrar vivirá a súa primeira aventura que o levará a naufragar e caer prisioneiro dos habitantes de Liliput.

En Liliput, Gúlliver é un xigante e os liliputienses están moi asustados. El consegue gañar a súa confianza e amizade e será o heroe do lugar.

OUTUBRO

5

OUTUBRO “Martes” Baobad Teatro S. L.

Hora 12h

Lugar Sala Azul

Público a partir de 2 anos

Duración 45m

Sinopse

Érase unha vez unha galaxia, a galaxia Leo T formada por planetas, estrelas e Martes.

Martes é un ser espacial que vive entre a lúa e as estrelas. Gústalle xogar con elas e nunca, nunca se separa delas. Tenlle medo ao lobo, aos monstros, aos tronos, aos peidos, etc. Martes tenlle medo a todo por iso nunca saíu da lúa, dorme no seu regazo e sácalle brillo para non quedar ás escuras.

Martes ten un amigo “Pin”, co que xoga sen parar.

Un día un monstro come as súas estrelas e a Pin, o seu amigo. Martes terá que enfrontarse ao seu propio medo para poder salvar o seu amigo e as súas estrelas e para iso inicia unha viaxe, máis aló do sol…

12

OUTUBRO “XANGO: A moi extraordinaria historia do home que foi engulido

por unha máquina” Talía Teatro

Hora 12h

Lugar Sala Azul

Público a partir de 7 anos

Duración 50m

Sinopse

Esta é a extraordinaria historia dun home que foi engulido pola súa propia tablet, do que alí dentro atopou, de todas as aventuras que viviu, e dos arrepiantes perigos que tivo que afrontar.

Benvidos ao máxico e dixital mundo de XANGO!

19

OUTUBRO “Antía, Wamba e o Regato Pequeno” A tropa de Trapo

Hora 12h

Lugar Sala Azul

Público a partir de 2 anos

Duración 50m

Sinopse

Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque. Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir. Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vida e van compartir o que nese momento levan enriba: Antía a súa merenda, e Wamba as súas historias.

26

OUTUBRO “Croa” Bicharracos Teatro

Hora 12h

Lugar Sala Principal

Público a partir de 2 anos

Duración 55m

Sinopse

E cando a princesa bicou a ra, esta converteuse nun fermoso príncipe, casaron, foron felices e comeron perdices…Así comeza a aventura de Gustavito, un príncipe moi especial que non encaixa cos gustos que require vivir en palacio. Expulsado polo rei penetrará no bosque na procura da tenebrosa montaña onde vive a bruxa Cazurra, solo ela o poderá axudar…

NOVEMBRO

2

NOVEMBRO “Rumpelstikin / o anano saltarín” Trompicallo

Hora 12h

Lugar Sala Principal

Público a partir de 4 anos

Duración 60m

Sinopse

Os actores enfían o conto interpretando a vida da filla dun muiñeiro. Como é posible que fíe de calquera herba seca un fío de ouro puro, tal como promete o pai? Cal é o prezo da Riqueza? Onde está a diferenza coa Pobreza? Quen é o estraño personaxe, que aparece da nada disposto a axudala? Cal é o seu nome? Onde está o seu escondedoiro?..

9

NOVEMBRO “KeTKjas” Barafunda S.L.

Hora 12h

Lugar Sala Azul

Público a partir de 4 anos

Duración 50m

Sinopse

Un espectáculo divertido que dará unha volta de rosca ás rutinas máis cotiás do baño. O aseo matutino pode converterse nunha auténtica odisea, se as fai o pallaso Pico. Desde unha perspectiva escatolóxica chea de humor e tenrura.

16

NOVEMBRO “Contos mariñeiros” Ghazafelhos

Actividade INFANTIL

Día 16 novembro

Hora 12h

Lugar Sala Azul

Público a partir de 4 anos

Duración 60m

Sinopse

A Bestarruza foi a pique cando faenaba no Ortegal… A filla dun dos mariñeiros non pode durmir á espera do bico do seu pai…Decide saír na súa procura, a bordo do seu barquiño…ou cama…soño…Unha viaxe que a levará por distintos faros da costa galega e coñecerá estrañas personaxes que a guiarán ata a Arriola verde…

23

NOVEMBRO “Contos do Vento acatarrado” Os Monicreques do Kukas

Hora 12h

Lugar Sala Azul

Público a partir de 3 anos

Duración 55m

Sinopse

Un día que o vento estaba triste e acatarrado, pois o sol do mes de agosto andaba a mandar, -quentando de tal xeito que máis que quentar, queimaba-, o señor Don e a señora Dona dispúñanse a xantar debaixo dun limoeiro e sentiron o vento que laiaba de dor. O vento que era tan vello coma o mundo, contoulles unhas historias tan incribles como estraña era a súa ciencia.

30

NOVEMBRO “Roedores” Redrum Producciones

Hora 12h

Lugar Sala Principal

Público a partir de 3 anos

Duración 55m

Sinopse

Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Os dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuízos e traballar en equipo para vender o temido Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais. Ao fin e ao cabo… “Todos somos Roedores”.

DECEMBRO

7

DECEMBRO “El Guardián de los cuentos” La Tartana Teatro

Hora 12h

Lugar Sala Principal

Público a partir de 4 anos

Duración 45m

Sinopse

Unha vella biblioteca a punto de pechar, un bibliotecario perdido entre as historias que custodia e un rato que fixo, dos andeis cheos de libros, o seu fogar. Pero a calma reinante na biblioteca verase alterada por un desafortunado accidente. A partir deste momento, entrarán a formar parte dunha incrible aventura acompañados dunhas personaxes con moitas historias que contar.

14

DECEMBRO “Os tres porquiños” EducaTeatro Producións

Hora 12h

Lugar Sala Principal

Público a partir de 3 anos

Duración 45m

Sinopse

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar? A resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Adiviñades cales son?

27

DECEMBRO “Estamos no verán” Xoan Curiel

Hora 19:30h

Lugar Sala Principal

Público todos os públicos

Duración 60m

Sinopse

Xoan Curiel e a banda Son+d2 presentan o seu novo traballo. Un espectáculo moi completo con danza, música en directo e elementos de teatro. Unha banda (bateríapercusión, guitarra, teclados, ukelele, baixo eléctrico, dous cantantes-narradores e una bailarina en escena) que nos traen cancións moi divertidas e entrañables, unha viaxe musical desde que soa o derradeiro timbre do cole en xuño ata o primeiro de setembro


Advertisements

No comments yet»

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s